Thursday 02 de May de 2024

Melchor, Gaspar e Baltasar visitan o colexio Campomaior de Ordes e dan a coñecer os gañadores do concurso de postais


Os nenos e nenas do colexio Campomaior recibiron a visita de Melchor, Gaspar e Baltasar no último día de clase, antes de dar comezo ás vacacións de Nadal. A emoción e a ilusión invadiu a todo o colexio nesta visita, cuxa recepción oficial tivo lugar na biblioteca do centro. As Súas Maxestades tiveron traballo engadido, xa que ademais de atender aos cativos e cativas e recollerlle as súas cartas, tamén foron os responsables de dar a coñecer os gañadores do II Concurso de Postais Navideñas. Todas estas actividades foron posible gracias ao traballo dos integrantes da ANPA O Futuro.